No terceiro trimestre fixemos unha actividade chamada “A volta ao mundo en 80 libros” .
En primeiro lugar, realizaron unha busca dos libros e dos autores máis recoñecidos e significativos de cada país. Elixiron unha portada deste clásico de cada lugar e localizaron tamén a bandeira que o representa. Isto fixérono tanto na biblioteca como na sala de informática.
Posteriormente, todas as portadas, xunto coas bandeiras, foron colocadas nun mapamundi, onde o noso alumnado tivo que recoñecer a onde pertencía cada libro, cada autor e cada bandeira.
¡Bo traballo!
No hay comentarios:
Publicar un comentario