lunes, 16 de diciembre de 2019

Actividades Educación Infantil




Neste trimestre fixemos como actividade un kamishibai do monstro de cores no que traballamos todas as emocións a través deste personaxe tan entrañable.







Para traballar as emocións seguimos co noso protagonista da nosa emocioteca Blef. Neste caso traballamos os celos, nestas idades moitos nenos teñen irmáns pequenos e sentíronse moi identificados. Falamos das súas sensacións, como canalizalos e coloreamos a Blef con celos para decorar a biblioteca.












Booktubers


Durante o primeiro trimstre,os alumnos e alumnas que así o desexaron, participaron no maratón lector presentando o libro lido a través dun vídeo realizado na casa. Neste vídeo recomendan o libro aos compañeiros converténdose en auténticos "youtubers". 
Os nenos e nenas de 5º EP foron os que máis participaron nesta iniciativa e por iso fixeron camisetas deseñadas por eles mesmos baixo o lema "booktubers". 
















Día a día!

Estas son as actividades que os nosos biliotecarios programaron para os seus compañeiros durante a primeira avaliación: 

Luns: contacontos para 1º de EP (Mikias e Aicha)





Martes: obradoiro de debuxo (Erea e Lucas)





Mércores: obradoiro de adornos de Nadal (Ainhoa e Verónica)

Xoves: obradoiro de papiroflexia (Lucía e Jessica)





Venres: Contacontos para 2º EP (Miguel e Dani)



Os luns e venres foron días de lectura para os alumnos de 3º,4º,5º e 6ºde EP.Nestes días gañaron os puntos necesarios para asistir aos obradoiros o resto da semana. 





Día das bibliotecas!

Para celebrar o día das biliotecas fixemos unha actividade moi especial. Cada alumno do centro debuxouse a sí mesmo lendo o seu libro favorito.Todos os retratos forman un bonito camiño que nos leva ata a nosa Biblioteca. 

Noraboa a tod@s, sodes uns artitas!