miércoles, 24 de abril de 2019

Antes de ti


Partindo da proxección da película (drama e romance) de Thea Sharrock, baseada na novela de Jojo Moyes, realizada no Reino Unido pola produtora Warner Bros e que ten como protagonistas a Emilia Clarke, San Clafflin, Matthew Lewis e Charles Danne, o alumnado de secundaria realizou diversos traballos en varias materias que foron expostos no corredor desta etapa.

-          Música: realizáronse actividades en Internet e uns traballos levados a murais, todos eles relacionados coa banda sonora da película e con melodías de filmes de amor. Estudaron a música de Craig Armstrong, Max Jury, X Ambassadors, Jack Garratt ou Ed Sheeran, entre outros.

-          Plástica: o alumnado fixo ilustracións sobre os valores e os sentimentos que lles suscitaba a película, os momentos que lles suxeriron algo especial, a temática, os lugares, etc.


-          Linguas: traballáronse a sinopse, resumos persoais, a análise de personaxes, a temática principal e secundaria (amor, enfermidade, superación, aceptación…), os valores, a simboloxía, outras películas que tratasen a mesma temática (Intocable, Mar adentro, A teoría do todo…), relacións con outras películas do mesmo xénero,  etc.










Os mellores contacontos do mundo!

Durante o segundo trimestre comezamos cos contacontos de papás e mamás. A participación está a ser moi elevada e a nós encántanos pero aos nosos nenos e nenas aínda máis. Por iso queremos agradecervos o esforzo que facedes para que queden tan contentos , moitas grazas a todos.

Neste trimestre os papás e mamás  que nos acompañaron foron:


3 ANOS

Susana, nai de Carla e Dani, El ladrón de estrellas; Celia, nai de María, El ciempiés bailarín;Astrid, nai de Martín, La mochila invisible; Álex, pai de Lucía,La sirenita.








4 ANOS


Mercedes, nai de Raquel, Chusco, Un can vagabundo; Lorena, nai de Paula Los 7 cabritillos; Cris, nai de Sara e Alba, La cenicienta e Pinocho; Iván e Laura , pais de Sofía D., La casa de chocolate; Sabela, nai de Manuel R.P., Elmer.









5 ANOS

Hilda, nai de Salma, La dama y el vagabundo; Yessica, nai de Lucas G., A manchas o a rayas; Vero, nai de África, El unicornio azul;María, nai de Antía e Uxía, Telma el unicornio, Rocío , nai de Anxo, Cucas y el pastelero mágico, Raquel, nai de Carmen, Jack y las habichuelas mágicas.















miércoles, 10 de abril de 2019

Libros Mascota


Durante a segunda avaliación os nenos e nenas de Educación Primaria estiveron coidando dunhas mascotas moi especiais. Eles mesmos converteron un libro no seu animal favorito. 


Durante todo o trimestre tiveron a responsabilidade de ocuparse del e alimentalo e que mellor alimento que a lectura.

  LER O LIBRO FOI O MELLOR ALIMENTO PARA A SÚA MASCOTA! 










 


Gran traballo rapaces!