O noso alumnado de ESO estivo traballando durante este días
nunha actividade moi entretida. En primeiro lugar, seleccionaron algunhas
poesías de grandes autores ; despois, copiáronas íntegras en carteis e
separaron as diferentes estrofas en
fragmentos que se puidesen arrincar. Por último, pegaron as poesías polas rúas
e comercios de Monforte coa intención de que todas as persoas que quixesen, puidesen
levar unha estrofa da poesía que elixisen para a súa casa.
Unha actividade divertida na que traballamos os textos
poéticos dunha maneira diferente!
No hay comentarios:
Publicar un comentario