lunes, 16 de diciembre de 2019

Actividades Educación Infantil




Neste trimestre fixemos como actividade un kamishibai do monstro de cores no que traballamos todas as emocións a través deste personaxe tan entrañable.







Para traballar as emocións seguimos co noso protagonista da nosa emocioteca Blef. Neste caso traballamos os celos, nestas idades moitos nenos teñen irmáns pequenos e sentíronse moi identificados. Falamos das súas sensacións, como canalizalos e coloreamos a Blef con celos para decorar a biblioteca.












Booktubers


Durante o primeiro trimstre,os alumnos e alumnas que así o desexaron, participaron no maratón lector presentando o libro lido a través dun vídeo realizado na casa. Neste vídeo recomendan o libro aos compañeiros converténdose en auténticos "youtubers". 
Os nenos e nenas de 5º EP foron os que máis participaron nesta iniciativa e por iso fixeron camisetas deseñadas por eles mesmos baixo o lema "booktubers". 
















Día a día!

Estas son as actividades que os nosos biliotecarios programaron para os seus compañeiros durante a primeira avaliación: 

Luns: contacontos para 1º de EP (Mikias e Aicha)





Martes: obradoiro de debuxo (Erea e Lucas)





Mércores: obradoiro de adornos de Nadal (Ainhoa e Verónica)

Xoves: obradoiro de papiroflexia (Lucía e Jessica)





Venres: Contacontos para 2º EP (Miguel e Dani)



Os luns e venres foron días de lectura para os alumnos de 3º,4º,5º e 6ºde EP.Nestes días gañaron os puntos necesarios para asistir aos obradoiros o resto da semana. 





Día das bibliotecas!

Para celebrar o día das biliotecas fixemos unha actividade moi especial. Cada alumno do centro debuxouse a sí mesmo lendo o seu libro favorito.Todos os retratos forman un bonito camiño que nos leva ata a nosa Biblioteca. 

Noraboa a tod@s, sodes uns artitas! 





lunes, 14 de octubre de 2019

NOVO CURSO!


Benvidos ao curso 2019-20!


Como cada ano os encargados de poñer en marcha a biblioteca son os alumnos e alumnas de 6ºEP. Eles serán os responsables do préstamo de libros e do deseño das actividades que  levarán a cabo.



Para poder participar nos obradoiros nomeados a continuación, será necesario acudir á biblioteca os días de lectura persoal. 



Dende o equipo da biblioteca dámosvos a benvida a este novo curso cargado de novidades e de ilusión, no que esperamos poder espertar en todos vós a curiosidade e o amor polos libros. 







lunes, 24 de junio de 2019

Contacontos III



Neste trimestre os papás e mamás  que nos acompañaron foron:

3 anos

Tamara, nai de Alma, El hada de la suerte; Borja e Raquel, papás de Asier, O Grúfalo; Carmen e Julio, papás de Tai, La cebra Camila.






4 anos


Angie, nai de Scarlett, La princesita bombera;  nai de Martina, La gallina roja.




5 anos


David, pai de Abril, Los lobos que vinieron a cenar; Carmen y Julio, papás de Enzo, ¿A qué sabe la luna?; Tania, nai de Miguel, El pez arcoiris; Francisco, papá de Carla, Elmer.







lunes, 13 de mayo de 2019

ACTIVIDADES INFANTIL III

Emoción: medo

Na terceira avaliación os nenos de Educación Infantil traballamos o medo  co noso amigo Blef. Nesta ocasión tiña moito medo , xa que comezaba o colexio e non sabía o que ía pasar. A raíz deso  aprendemos a canalizar o medo e a votar foro os nosos temores. Fixemos unha asemblea de cando temos medo e coloreamos a Blef medoso. Ademais neste conto tamén aparecía a alegría e a tristeza





Actividade: Os monstruos de infantil.

Nesta ocasión traballamos o conto, El monstruo de las buenas noches, a través del traballamos emocións, valores e hábitos saudables. Unha vez se acabou o conto,  debuxamos ao monstro da nosa imaxinación e fixemos un mural xigante de todos os nenos.








¿Qué, cómo, cuándo?



Esta actividad realizada por los niños y niñas de 1º y 2º EP consistó en leer un cuento, en este caso fue “La gallinita roja”. Después se pusieron en dos montones unas tarjetas de preguntas y otras de respuestas: los niños/as debían emparejar cada pregunta con la respuesta adecuada, la dificultad estaba en que las tarjetas estaban barajadas y las respuestas salían al azar y ellos debían encontrar cada respuesta a la pregunta. Con ello trabajamos la lectura, la atención y la asociación de ideas. Al final con las tarjetas emparejadas leímos de nuevo el cuento.








miércoles, 24 de abril de 2019

Antes de ti


Partindo da proxección da película (drama e romance) de Thea Sharrock, baseada na novela de Jojo Moyes, realizada no Reino Unido pola produtora Warner Bros e que ten como protagonistas a Emilia Clarke, San Clafflin, Matthew Lewis e Charles Danne, o alumnado de secundaria realizou diversos traballos en varias materias que foron expostos no corredor desta etapa.

-          Música: realizáronse actividades en Internet e uns traballos levados a murais, todos eles relacionados coa banda sonora da película e con melodías de filmes de amor. Estudaron a música de Craig Armstrong, Max Jury, X Ambassadors, Jack Garratt ou Ed Sheeran, entre outros.

-          Plástica: o alumnado fixo ilustracións sobre os valores e os sentimentos que lles suscitaba a película, os momentos que lles suxeriron algo especial, a temática, os lugares, etc.


-          Linguas: traballáronse a sinopse, resumos persoais, a análise de personaxes, a temática principal e secundaria (amor, enfermidade, superación, aceptación…), os valores, a simboloxía, outras películas que tratasen a mesma temática (Intocable, Mar adentro, A teoría do todo…), relacións con outras películas do mesmo xénero,  etc.










Os mellores contacontos do mundo!

Durante o segundo trimestre comezamos cos contacontos de papás e mamás. A participación está a ser moi elevada e a nós encántanos pero aos nosos nenos e nenas aínda máis. Por iso queremos agradecervos o esforzo que facedes para que queden tan contentos , moitas grazas a todos.

Neste trimestre os papás e mamás  que nos acompañaron foron:


3 ANOS

Susana, nai de Carla e Dani, El ladrón de estrellas; Celia, nai de María, El ciempiés bailarín;Astrid, nai de Martín, La mochila invisible; Álex, pai de Lucía,La sirenita.








4 ANOS


Mercedes, nai de Raquel, Chusco, Un can vagabundo; Lorena, nai de Paula Los 7 cabritillos; Cris, nai de Sara e Alba, La cenicienta e Pinocho; Iván e Laura , pais de Sofía D., La casa de chocolate; Sabela, nai de Manuel R.P., Elmer.









5 ANOS

Hilda, nai de Salma, La dama y el vagabundo; Yessica, nai de Lucas G., A manchas o a rayas; Vero, nai de África, El unicornio azul;María, nai de Antía e Uxía, Telma el unicornio, Rocío , nai de Anxo, Cucas y el pastelero mágico, Raquel, nai de Carmen, Jack y las habichuelas mágicas.