domingo, 31 de marzo de 2019

Actividades Infantil II



Emoción: tristeza

Na segunda avaliación os nenos de Educación Infantil traballamos a tristeza co noso amigo Blef. Nesta ocasión estaba triste porque unha amiga del marchara a outro planeta. A raíz deso  aprendemos a canalizar a tristeza. Fixemos unha asemblea de cando estamos tristes e coloreamos a Blef triste. Ademais neste conto tamén aparecía a alegría e o amor.






Actividade: O conto rompeu.

Nesta ocasión traballamos un conto en galego, O oso atrapabolboretas, a través del aprendemos que debemos axudar aos demais , xa que en calquera momento os que podemos precisar axuda somo nos. Unha vez se acabou o conto, á profe , que é unha patosa, caeulle o conto e saíron todas as follas voando, entre todos tivemos que volver a recompoñer o conto tal e como o escoitaramos.







No hay comentarios:

Publicar un comentario